martes, 10 de diciembre de 2013

Tegnix crea unha nova Rede social profesional sobre Software Libre

Vía http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/tegnix-crea-unha-nova-rede-social-profesional-sobre-software-libre/


Tegnix, da que vos falamos a pasada semana pola súa participación na iniciativa Wikiskills, volve ser noticia, desta volta pola creación e apertura da Rede Social Profesional sobre Software Libre .


Imaxe da rede social de Tegnix Segundo anuncian os creadores desta rede social, o obxectivo da mesma é proporcionar aos profesionais e interesados no software libre un espazo de encontro, de comunicación e colaboración onde intercambiar ideas, propostas, recursos, actividades, iniciativas, etc.


Segundo nos conta Roberto Brenlla, aínda que a rede nace como complemento a Aula Tegnix, para favorecer outros tipos de aprendizaxe, especificamente a non formal e a informal, trátase dunha rede social aberta ao público en xeral, co único requisito de compartir información e coñecementos sobre Software Libre fundamentalmente de carácter profesional.


...

No hay comentarios:

Publicar un comentario