domingo, 29 de septiembre de 2013

CENATIC recoñece a Tegnix como Centro formativo no ámbito do Software Libre

Vía http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/cenatic-reconece-a-tegnix-como-centro-formativo-no-ambito-do-software-libre/


Aula TegnixRoberto Brenlla, infórmanos que Tegnix vén de acadar esta mesma semana a certificación como "Centro Formativo no Ámbito do Software de Fontes Abertas" por parte de CENATIC (Centro Nacional de Referencia de Aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación Baseadas en Fontes Abertas), entidade dependente de Red.es e do Ministerio de Industria, Energía e Turismo.


Logo de CENATICEsta acreditación recoñece a calidade da formación impartida por Tegnix tanto no que se refire a instalacións, profesorado como metodoloxía de ensino. Supón un recoñecemento e un aval da calidade e esforzo que Tegnix vén poñendo no seu proxecto Aula Tegnix a través do que ofrece unha crecente oferta formativa, altamente especializada en Software Libre e enfocada ao ámbito profesional.


Lembrar que Tegnix é tamén, dende o ano 2009, LPI ATP, acrónimo de “Linux Professional Institute Approved Training Partner”, é dicir, socios formadores da entidade certificadora profesional de GNU/Linux máis importante a nivel mundial e ademais dispón das certificacións de calidade ISO-9001, ISO-27001 e ISO-20000 e unha extensa experiencia formativa profesional en SwL.


Este xoves, Roberto Brenlla participará no programa Emprende de RTVE para dar conta desta iniciativa empresarial, centrada na formación especializada e de calidade para profesionais no eido do Software Libre.


...

No hay comentarios:

Publicar un comentario